miércoles, 29 de marzo de 2017

Curso 2016-2017

           

 Dende principio de curso na biblioteca estamos a traballar co lema
                                         "XOGOS, ENREDOS E ADIVIÑAS".



Realizamos numerosas actividades, entre as cales aínda estamos argallando, en coordinación co Equipo de Normalización Lingüística,un libro viaxeiro de adiviñas.


No mes de marzo tivemos o primeiro concurso con motivo da visita dunha contacontos: A LENDA DO COELLO.


E cos gañadores damos por rematado o 2° Trimestre, a espera de moitas novas de cara a volta das vacacións.

Un saúdo dende o Equipo de Biblioteca 

viernes, 4 de marzo de 2016

O vindeiro 8 de marzo ás 15,30 h teremos unha sesión de contacontos na Biblioteca do cole.


O conto que nos van contar leva por título "A nai da nai da miña mamá". 


É un conto precioso, cheo de tenrura e amor que nos conta a marabillosa relación que se crea entre os av@s, bisav@s e net@s.

Os nenos e as nenas de Infantil xa puideron disfrutar del coas súas mestras e fixeron uns debuxos preciosos.....





Podédelos ver todos na entrada do cole!! 


Un saúdiño e espérovos  o martes que ven na biblioteca,para disfrutar da sesión de contacontos.


BICOS
Ola!! Que tal?? Como estades?? 
Pronto chegan as vacacións de Semana Santa.....teredes ganas non?? ; )

Hoxe vouvos deixar colgados por aquí uns traballiños moi ineteresantes que algúns de vos fixestes no día de Rosalía de Castro.


Celebrouse o 24 de febreiro deste mes, coincidindo co seu nacemento no  ano 1837. 

Rosalía de Castro é unha muller moi importante aínda hoxe en día xa que foi unha loitadora do idioma galego e da cultura galega.  A ela debémoslle moito, adoraba a súa terra Galicia e deixounos obras moi importantes como
 " Cantares Gallegos" ou " Follas Novas".

 Aquí vos deixo un vídeo-canción que fixo a Editorial Galaxia xunto coa cantante Uxía e ilustrado por María Seoane. Chámase Rosalía pequeniña. 



Agora si, aquí tedes algúns traballiños feitos por vos.



BICOS.


martes, 2 de febrero de 2016

O venres pasado día 29 celebramos o Día da Paz no colexio. Xa sabedes que fixemos unha exposición de zapatos pola Paz e que logo con todos eles escribimos a palabra PAZ no patio do cole. Estivo moi ben, quedou xenial e ademáis cantamos a canción de Pablo López e Juanes "Tú enemigo"!!

Dende a biblioteca tamén aportamos o noso gran de area e elaboramos un mural coas pantuflas dos maiores pola Paz.



Os maiores tamén se unen a loitar por un mundo mellor!!De feito os nosos avós e avoas ensínannos cada día a ser un pouco mellor persoas. E.... quen mellor ca eles para facelo?? Viviron tempos nos que eles mesmos tiveron que loitar por facelos mellores... e eso terémosllo que agradecer sempre.



Ata a próxima!! Bicos
Ola!! Que tal??

Como van os preparativos do Entroido?? 
Antes de falar sobre iso quero deixarvos por aquí as fotos que estiveron expostas sobre "Os maiores tamén len".






Dicirvos que estivo xenial, fostes moitos e moitas os que trouxestes foto para poder expoñer e a verdade quedou moi bonito, ademáis aos mestres encantounos escoitar como moitos de vós compartides lectura cos vosos avós e avoas.

Moitas grazas a todos e todas por esas maravillosas fotografías!!! ;- )

lunes, 9 de noviembre de 2015


Ola!! Que tal??
 
Como xa vos contei no seu día, este curso o lema da biblioteca é "Os maiores tamén contan", moitas das actividades que fagamos van estar relacionadas coa xente maior.
 
Para ir rompendo o xeo, neste primeiro trimestre imos comezar pedíndovos que vos convirtades en pequenos fotógrafos e que lle saquedes unha foto a algún dos vosos avós ou avoas, ou xente maior que coñezades, lendo. Poden estar lendo un libro, conto, xornal, revista...........incluso algo escrito por vós!!

Na foto poden aparecer sós ou podedes saír con eles si vos apetece. Ahí van unhas ideas....







 
 
 
Ah!!Non podo esquecer contarvos que logo tedes que traer a foto ao cole porque con elas faremos unha exposición fotógrafica que logo os vosos pais, nais... poden visitar.
 
O formato no que traiades a foto non importa, incluso a podedes imprimir en papel. Tedes de prazo para traelas ata o 23 de novembro.
 
 
Veña, a practicar!! Agardamos as vosas fotos!!
 
 


lunes, 26 de octubre de 2015


Ola a tod@s !!!!

Este vindeiro sábado 31 de outubro celébrase a festa do Samaín, nos últimos anos está sendo moi celebrada e coñecida pero realmente tivo apoxeo unha vez que a tradición anglo- saxona do Halloween comezou a invadirnos cada vez con máis forza.

A maioría de vos seguro que xa coñece ben a historia do Samaín e se non, esta semana os vosos mestres adicaranlle un momento a falarvos dela, asique non me vou estender pero o que si que ninguén vos terá que contar é que é unha festa na que o gran protagonista é o MEDOOOOOO.

UUUUUuuuuuuuuuuuuu



Nestes días estaredes preparando a cabaza, decorando as aulas con cousiñas relacionadas co medo e seguramente lendo ou vendo algunha historia ou conto relacionada con él. Polo tanto, quero animarvos a que se non o fixestes xa, pasedes pola biblioteca e busquedes algún conto ou libro relacionado co Samaín, Halloween ou simplemente algún que trate o tema do medo.

 
 
 
Non me estendo máis para que non perdades tempo.......
 
 


Disfrutade a tope do Samaín!!! Saudiños e moitos bicos con sabor a cabaza!!